Para
o ano 2007, o Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados ten
programada unha serie de actividades, co fin de difundir e
sensibilizar os aspectos referentes á presenza e os roles de participación da muller en situacións de conflagracións. Neste
sentido, as actividades centraranse en eventos científicos e
exposicións, nos que se discutan e coñezan as circunstancias, as
problemáticas, as solucións deste fenómeno cada vez máis
frecuente.
.:
23.Abril | Simpósio Internacional sobre Género e
Relações Internacionais
Froito das relacións entre o Instituto Galego de Estudos de
Seguranza Internacional e da Paz e a Universidade Fernando Pessoa,
estabelecidas a través do convenio entre ambas, o Observatorio
sobre Muller e Conflitos Armados e o Centro de Estudos das Minorias
desta universidade portuguesa, a través da súa unidade de Ponte de Lima,
organizan o Simpósio Internacional sobre Género e Relações
Internacionais, a realizarse en abril deste ano, en Portugal. Neste sentido,
búscase crear un espazo de posta en común e discusión das
perspectivas e investigacións das dúas entidades, aproveitando a
oportunidade para debater, no ámbito académico e entre as
nacións, as cuestións relevantes para a comprensión e análise da
presenza das mulleres nos conflitos e, indo máis aló, nas
relacións internacionais. Así, trataranse temas coma a propia
Resolución 1325, as mulleres como minorías, o ente feminino
en situacións de conflagracións (regulares, como as guerras
en diversos lugares do mundo; ou irregulares, como é o caso das
guerrillas...), entre outros de importancia fundamental para o
cuestionamento deste fenómeno.
.:
21.Novembro | I Xornada 'Mulleres entre
armas'
Coñecéndose os obxectivos deste observatorio, a realización de eventos de sensibilización, como exposicións e xornadas, parece ser, sen dúbida, esencial. Neste sentido, e aproveitando o apoio do
Club Internacional de Prensa, o Observatorio ten a intención de concretar unha xornada, a realizarse en
21 de novembro en Santiago de Compostela, cuxa programación centraríase xustamente na temática da Resolución 1325 e, por extensión, a presenza feminina en ámbitos bélicos. Así, o evento contará coa presenza das principais investigadoras do Estado español que teñan desenvolvido pescudas sobre o tema xunto cunha serie de convidadas do ámbito internacional, proporcionando, desta maneira, un ambiente de discusión, diálogo e actitudes para enfrontar tal asunto e as problemáticas que este suscitou e suscita non soamente no medio académico, como tamén na sociedade militar e civil en xeral. Tamén neste evento, o Observatorio pretende traer á luz a monografía
Mulleres en conflito: presenzas e ausencias e o número catro da
Revista Asteriskos.
.: 24.Novembro | III Simposio de Outono 'Guerra e paz, nomes de muller'
Seguindo o acontecido xa nos dous anos anteriores, o Instituto, desta vez representado polo Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados, ten a intención de promover o III Simposio de Outono sobre Paz e Conflitos, a realizarse en Rianxo, 18 de novembro. Neste sentido, e abordando a temática deste proxecto, tense a intención de proporcionar unha vez máis un espazo de discusión e concienciación respecto á Resolución 1325 da ONU, ou sexa, a problemática xeral da figura feminina en ámbitos de guerra. Así, coa realización deste un día de evento, búscase fechar o ciclo do primeiro ano de creación do Observatorio, revendo criticamente os feitos e favorecendo o advento de novos proxectos e desafíos a seren enfrontados no decorrer do ano seguinte.
.: Exposición itinerante sobre a Resolución 1325 das Nacións Unidas
Un dos eixes de actividades propostas polo Observatorio sobre Muller e Conflitos Armados é a organización dunha exposición itinerante centrada na temática da Resolución 1325 nas Nacións Unidas. Neste sentido, co obxectivo de difundir e de sensibilizar o público canto á cuestión abordada pola Resolución, a exposición busca, a través de aproximadamente 15 paneis que conteñan gráficos, textos explicativos, o texto da propia resolución e fotos, xa cedidas por diversas fotógrafas, expoñer experiencias e a situación actual das mulleres nos conflitos para, a partir diso, propoñer novas medidas e novas propostas que efectivamente colaboren na aplicación dos dereitos e das diversas actitudes que a Resolución 1325 presenta para unha mellor integración e recoñecemento da figura feminina neste ámbito.
Desta forma, constitúese unha exposición itinerante, programada para ser presentada nos campus das universidades galegas (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e na Vila de Rianxo, para
o III Simposio de Outono), ademais de concellos portugueses como
Ponte de Lima, pola Universidade Fernando Pessoa, e Porto e Lisboa,
con Médicos do Mundo, debendo estar entre 15 días e un mes en cada un deles. Así, búscase vertebrar a difusión e a sensibilización deste documento –e dos seus motivos– a través do
eixe galego-portugués, permitindo, da mesma forma, un espazo verbal de discusión, xa que se pretende, para cada inauguración, a realización de conferencias (nas aberturas), centradas nas temáticas que proxectan os paneis.
.: Datas diversas – Charlas de abertura das Exposicións
Conforme se comentou, para celebrar cada inauguración da exposición itinerante, o Observatorio ten a intención de crear tamén un espazo verbal de discusión, idealizando a realización de conferencias (unha por cada abertura de exposición), centradas nas temáticas abordadas pola Resolución 1325 das Nacións Unidas e, como se imaxina, todos os seus desdobramentos posíbeis.